
| Pontevedra vs Vigo |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 03 de Abril do 2008 | Sociedade | ||||
Ambos realizaron esta interpretación na presentación das 'III Xornadas sobre a Lei Concursal' que se desenvolverán na Cámara de Comercio de Pontevedra, cuxo presidente, Ricardo Mirón, aproveitou para reclamar que Pontevedra sexa a sede de todos os xulgados do mercantil que se poidan crear nesta provincia. Tras esta petición de Mirón, que tamén apelou á Xunta para "que ningún interese político xogue en detrimento de Pontevedra", o decano do Colexio de Avogados de Pontevedra lamentou que as intencións da Xunta vaian noutra dirección. "Pontevedra ten que ser consciente de que na Xunta existe unha orientación a minimizar a capital", alertou Artime e valorou que os dous xulgados -"que tanto esforzo custou traer a Pontevedra"- están ben "na cabeza da provincia". Segundo Artime, se efectivamente a Xunta crea un xulgado do Mercantil en Vigo iso suporá baleirar de contido algún dos xulgados de Pontevedra xa que na súa opinión "con dous é suficiente para atender satisfactoriamente a toda a provincia". Con esta valoración coincidiu tamén o decano do Colexio de Procuradores de Pontevedra, José Portela, quen concluíu que a administración "se equivoca" ao levar un xulgado do Mercantil a Vigo "porque non se trata de ver o que é bo para a cidade senón para o xusticiable".
Razón non lles falta, Pontevedra é a capital, Pontevedra a sé dos xulgados, ... e levar un outro xulgado para Vigo non é máis do que acrescentar o ego olívico que se cre capital sen selo. Palabra de Pontevedresa. |
||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|