Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Tradutor automático galego-catalán-euskera Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 03 de Abril do 2008   |   Estatal
bandeira2 Galiza, Cataluña e Euskadi estudarán a posibilidade de poñer en marcha tradutores automáticos nas tres linguas propias. Así o acordaron as tres comunidades nunha reunión da comisión de seguimento, celebrada onte en Barcelona, na que Illes Balears solicitou formalmente unirse ao protocolo de colaboración en materia de política lingüística

Os gobernos galego, catalán e vasco subscribiron a incorporación da Administración balear o 16 de marzo de 2007 e, trala petición formal de onte, mostraron o seu compromiso para iniciar os trámites legais correspondentes e facer "efectiva" a incorporación das Illes Balears, que se formalizará en Palma "proximamente".

Ao respecto, os titulares destes departamentos na Galiza, Cataluña e Euskadi, Marisol López, Bernat Joan e Patxi Baztarrika, expresaron a súa "satisfacción" pola solicitude do que será o cuarto membro da comisión de seguimento.

No transcurso da reunión tamén se abordaron outros temas, entre os que se atopan as diferentes actividades previstas para o presente exercicio, no que se conmemora o Ano Europeo das Linguas e a posibilidade de poñer en marcha tradutores automáticos nas tres linguas propias.

Boa iniciativa.

Comentarios (1)add
1
Lois
MundoGaliza en euskera que chuli... smilies/wink.gif

Abril 04, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image