
| Santiago na Expo de Shanghai 2010 |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 03 de Abril do 2008 | Internacional | |||
A confirmación oficial chegou onte. A Exposición Universal de Shanghai 2010 estará dedicada monográficamente ás cidades baixo o lema 'Mellores cidades, mellor vida' e nela participarán urbes de todo o mundo. A elección correu a cargo dun comité internacional, integrado por altos representantes do Goberno chinés, a Unesco, o Banco Mundial, entre outros organismos, e presidido polos responsables da Dirección Executiva da UN-Hábitat e a Secretaría Xeral da Buró Internacional de Exposicións (BIE). O Concello de Santiago celebrou esta elección e destacou que está "moi satisfeito" pola noticia e que intentará buscar o respaldo da Xunta para executar este proxecto co obxectivo de que Galiza estea representada a través da capital.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|