Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Xornadas sobre lingua e literatura galegas Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 04 de Abril do 2008   |   Comunicación
enriquez A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá hoxe e o sábado unhas xornadas sobre lingua e literatura galegas, nas que participarán profesores e escritores, ademais de expertos na materia, e que está organizada polo sindicato CIG e a Asociación Sociopedagóxica Galega.
Hoxe terá lugar o acto inaugural cunha conferencia sobre Curros Enríquez, con motivo do centenario da súa morte que se celebra este ano, e que correrá a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez. Posteriormente, X.M. Álvarez Cáccamo exporá unha conferencia sobre o seu pai baixo o título 'X.M. Álvarez Blázquez: vida e obra'.

Xa o sábado, as xornadas continuaranse ás 10.00 horas cun relatorio de Antón Riveiro Coello, que falará sobre a súa obra, á que seguirá Rosa Salgueiro, profesora de lingua e literatura. A continuación, a actriz e poeta Antía Otero falará sobre a creación literaria e, tras outras intervencións de profesores, celebrarase unha mesa redonda con varios escritores, entre os que están Camilo Franco Iglesias, Marilar Aleixandre e Xabier Docampo.

Pola tarde, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, dará unha conferencia titulada 'O galego: normalización, substitución ou disolución?". Esta actividade pecharase con 'Poesía e Imaxe', unha proxección comentada dunha peregrinación con Manuel María, dirixido por Lois Diéguez e realizada por Xoán Carlos Garrido.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image