
| Premios da Academia da Música |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 05 de Abril do 2008 | Cultura | |||
O álbum 'Camiños da fin da terra', da formación Luar na Lubre, alzouse co premio ao mellor álbum de música tradicional, mentres que a súa peza 'Canto de Andar' recibiu o galardón á mellor canción en lingua galega na gala de entrega dos Premios da Academia da Música, celebrados onte en Valladolid. Luz Casal recibiu o recoñecemento dos seus compañeiros de profesión por 'Son', que foi considerada como a mellor canción. A cantante de Boimorto (A Coruña) subiu ao escenario entre os aplausos de todo o auditorio posto en pé. O cantante Miguel Bosé se converteu no grande trunfador na gala de entrega dos Premios da Academia da Música, xa que conseguiu tres dos cinco galardóns aos que estaba nominado, os premios ao mellor álbum, produción musical, audiovisual e técnico de son. Os grupos Pereza e Chambao, finalistas en catro categorías, alzaronse cun galardón cada un. A sorpresa veu da man de Conchita, que se fixo merecedora dos premios ao mellor artista e autor revelación co seu disco 'Nada más'. A actuación de Luar Na Lubre baixo o título 'Os animais' puxo o broche final á cerimonia.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|