Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Refráns, cantigas e contos da tradición oral galega Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 05 de Abril do 2008   |   Comunicación
libros O Centro Ramón Piñeiro presentou na parroquia de Moscoso, na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén, a recompilación 'Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral', que conta con 2.618 refráns, 667 cantigas e 71 contos. Ademais, tamén aparece algún material fraseolóxico, como ditos ou 'comparacións' (locucións) e 'pragas' (fórmulas de maldición). 

A edición deste documento foi realizada a partir de 16 manuscritos de José Augusto Ventín Durán, depositados nos arquivos da Real Academia Galega (RAG), dentro do fondo doado polo escritor Fermín Bouza Brey.

Segundo indicou a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Ventín recolleu un "importante" conxunto de materiais fraseolóxicos e de tradición oral que aspiraba a situar nun contexto internacional, posto que detectou "semellanzas e contrastes" con materiais similares do portugués. Ademais, el foi o primeiro etnolingüista galego que coñeceu en vivo os corpus portugués e brasileiro tralas súas estanzas no país sudamericano.

Logo da finalización da presentación da obra, realizarase unha ofrenda floral en honra a Ventín no cemiterio de Moscoso, á que asistirán tanto a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; como o presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image