Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un navío-prisión de Estados Unidos fixo escala en Portugal Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 05 de Abril do 2008   |   Portugal
azores2 O presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, sabía, cando era primeiro ministro de Portugal, que Estados Unidos estaba utilizando un navío-prisión que fixo escala en Portugal, segundo afirmou o director da organización de Dereitos Humanos Reprieve, Clive Stafford Smith, en conferencia de imprensa en Lisboa.
'Estou convencido que o antigo primeiro ministro portugués coñecía a existencia do navío Bataan e que era usado para prisioneiros', sinalou o responsable desta organización, que denunciou a implicación portuguesa no transporte de presos sospeitosos de terrorismo por parte da CIA.

Smith confirmou, para que non quedasen dúbidas, que 'o ex-primeiro ministro portugués' ao que se refería era o actual presidente da Comisión Europea. O informe Reprieve, divulgado en xaneiro, revela que se transportaron ilegalmente máis de 700 presos á base estadounidense de Guantánamo, en Cuba, 'con axuda de Portugal', entre outros países, e que polo menos 94 voos pasaron por territorio luso entre 2002 e 2006.

Ademais, aporta unha fotografía do navío USS Bataan no porto de Lisboa en xuño de 2003, aínda que segundo ese informe tamén fixo escala en Porto. O director de Reprieve ameazou con denunciar ao Goberno portugués se este non colabora voluntariamente para descubrir a verdadeira implicación de Portugal na transferencia de presos á base de Guantánamo.

Smith, que tamén é avogado de varios detidos en Guantánamo, asegurou que o seu único interese é 'defender ás persoas que van ser executadas'.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image