Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
As xergas dos oficios tradicionais Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 06 de Abril do 2008   |   Cultura
bandeira2

As falas específicas de oficios tradicionais galegos, como os afiadores, cesteiros e canteiros están "condenadas a desaparecer", posto que poucos profesionais dos que aínda desempeñan estas actividades as empregan.

Nembargantes, algunhas expresións aínda permanecen vivas nalgúns lugares da xeografía da comunidade, a pesar de que a función coa que se utilizan é diferente a aquela coa que naceron.

O doutor en Antropoloxía Social da Universidade de Vigo, José Antonio Fidalgo Santamariña, quen realizou varios estudos ao respecto, afirmou que houbo un tempo en que cada oficio ambulante galego tiña a súa propia linguaxe.

Así, entre outros, podíase escoitar o 'barallete' de afiadores e paraugueiros de Ourense, o 'latín dos chafouzas', dos albaneis de Goián; o 'latín dos bogardeiros', propio dos cesteiros da zona de Mondariz; ou o 'verbo dos arxinas', tamén coñecido como 'latín dos canteiros', procedentes de Pontevedra.

A maioría de oficios tradicionais ambulantes fóronse perdendo co paso do tempo. Os que non desapareceron, evoluíron e abandonaron o seu carácter itinerante e, polo tanto, a condición que facía necesaria a existencia de xergas.

"Estamos a asistir aos últimos anos nos que podemos atopar persoas que as entenden, pero xa lles resulta difícil manter un diálogo", explicou. Por iso, insistiu en que se trata de linguas que xa se extinguiron, posto que, aínda que están rexistradas en traballos de investigación, non existen falantes que as practiquen.

Aínda así, aínda quedan vestixios na fala actual dalgunhas zonas de orixe de artesáns ambulantes, como acontece no municipio ourensano de Nogueira de Ramuín, onde "aínda é doado escoitar algunha palabra en barallete mentres se xoga unha partida de cartas ou se intercambia unha conversación entre amigos", explicou o profesor Santamariña.

As xergas de oficios tradicionais eran utilizadas polos profesionais de diferentes oficios para ocultar as súas mensaxes aos alleos á súa actividade. Exemplo diso son algúns vocábulos empregados no barallete dos afiadores ourensanos como 'argüía' (carne) ou 'ardoa' (viño), derivados dos termos en euskera 'ardo' e 'araguía'.


Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image