
| 'Pelo Gato 24' |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 06 de Abril do 2008 | Comunicación | |||
Este proxecto, que Bará cualificou de "ambicioso e integral", demostra para o director xeral, "o bo resultado que pode dar a unión da mellor tecnoloxía inventada xamais polo home, a tradición oral, e as novas tecnoloxías" que posibilitan unha maior repercusión e posibilidades de uso. O DVD de Pelo Gato 24 contén unha mostra de varios xogos populares galegos que, segundo explicou o presidente da Asociación de Gaiteiros, Pablo Carpintero, "fomentan o valor do traballo en equipo e do compañeirismo" que hoxe se está a perder en favor do xogo individual. Os profesores Magoia Bodega e Paulo Nogueira, sinalaron que as 13 cantigas populares que compoñen o repertorio foron seleccionadas polos seus propios alumnos, co obxectivo de incluír cancións polas que os nenos teñen preferencia. Precisamente na execución musical destas cancións, participaron músicos e cantantes do taller de Mercedes Arriben, Fuxan os Ventos, Señora Carmen, Xurxo Souto, Leilía ou a charanga 'Vai de Baile', entre outros. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|