Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Gómez Noia repite trunfo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 06 de Abril do 2008   |   Deportes
gomeznoia
O actual campión de Europa, Javier Gómez Noia, repetiu trunfo na segunda proba da BG Copa do Mundo de triatlón e subiu ao podio por decimosétima vez consecutiva en competición internacional, tras protagonizar unha grande remontada no tramo a pé.  Con este trunfo, a estrela galega mantense invicta desde hai sete meses, cando foi subcampeón do mundo en Hamburgo.

Se o pasado domingo gañou en Mooloolaba (Australia), hoxe repetiu éxito en New Plymouth (Nova Celandia). Nesta ocasión, o indiscutible número un do mundo tivo que empregarse a fondo para dar caza a un grupo de seis unidades que se foi por diante xa nos últimos 10.000 metros de carreira a pé, co alemán Maik Petzold como home máis destacado.

Gómez Noia en ningún momento perdeu a calma, continuou co seu endiañado ritmo de persecución en busca dos fugados até que, a falta de 5 quilómetros para meta, alcanzou aos escapados e logo quedar só na cabeza de carreira.

--CLASIFICACIÓN MASCULINA:


1. Javier Gómez Noya (ESP-GZ) 1:47:33 segundos.

2. Brad Kahlefeldt (AUS) 1:48:03.

3. Andrew Johns (GBR) 1:48:16.

4. Kris Gemmell (NZE) 1:48:26.

5. Peter Croes (BEL) 1:48:30.

6. Paul Tichelaar (CAN) 1:48:46.

7. Brendan Sexton (AUS) 1:48:54.

8. Dmitriy Gaag (KAZ) 1:48:57.

9. Stuart Hayes (GBR) 1:48:58.

10. Dan Wilson (AUS) 1:49:03.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image