Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Esperanza 2012 Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (3 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 06 de Abril do 2008   |   Estatal
espeaguirre

Un grupo de simpatizantes do PP creou unha web (www.esperanza2012.com) na que piden ao presidente do PP, Mariano Rajoy, que non se presente á presidencia do partido e deixe o seu posto a Aguirre para que poida lanzar a súa candidatura á presidencia do Goberno das eleccións xerais en 2012.

A páxina desapareceu uns días mais volve a estar operativa.

Os promotores desta web propoñen unha carta de apoio a Esperanza, que reproducimos - esperan enviar milleiros de cartas - para animarlle a que presente a súa candidatura ao congreso de Xuño.

CARTA DE APOIO A AGUIRRE 

Estimada Esperanza Aguirre:

Como votante/afiliado do Partido Popular, pídoche que suscites a túa candidatura á Presidencia do Partido no congreso que convocou Mariano Rajoy.

Creo que, tal como están as cousas, é necesario un cambio de rumo no Partido Popular. Rajoy perdeu xa en dúas ocasións fronte a Zapatero, e non podemos permitirnos o luxo de que o faga unha terceira.

Ti demostraches que se pode vencer ao PSOE, e que a mellor receita para facelo é proclamar a superioridade do liberalismo fronte ao socialismo.

É posible que teñas os teus propios plans. Que non consideres oportuno enfrontarte agora ao que se che pode vir encima se dás un paso á fronte e suscitas unha alternativa a Mariano Rajoy. Que creas até que unha iniciativa como esperanza2012.com che prexudíca no cantor de te axudar.

Eu creo que o momento é agora, que un partido gaña coa confrontación de ideas, sempre que sexa limpa e aberta. Creo que cada minuto que pasa sen que Zapatero teña unha oposición digna de tal nome é un minuto que gaña el e perdemos os españois.

Por iso, reitero a miña petición de que deas un paso á fronte e te presentes como candidata á presidencia do Partido Popular no próximo congreso. Contas co meu apoio para o que necesites.

O dominio de Esperanza2012.com foi solicitado o pasado 9 de marzo, horas antes de que se pechasen os colexios electorais. A empresa que xestiona o dominio é DreamHost. Segundo 'Liberdad Digital', a desconexión realizouse por un "exceso de visitas?".

Os responsables técnicos da web víronse obrigados a contratar aloxamento noutra empresa para volver defender as aspiracións políticas de Esperanza Aguirre.

 

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (4)add
1
Alberte
Espe for president

07 de Abril do 2008 - 12:27

2
Djalminha

07 de Abril do 2008 - 12:27

3
Lorena
O candidato que melloraría os resultados de Rajoy non é Esperancita é Gallardón.

07 de Abril do 2008 - 12:39

4
Aimar
Poder, poder e máis poder

07 de Abril do 2008 - 16:17

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image