|
Rescatan nenos nunha secta |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 07 de Abril do 2008 |
Internacional
|
 |
Desde que se iniciou a operación, a policía desaloxou dun rancho a un total de 183 persoas, das que 137 eran nenos, a maioría nenas.
Warren Jeffs, de 52 anos, está considerado o 'profeta' da Igrexa Fundamentalista de Jesucristo dos Santos dos Ultimos Días, unha congregación de 10.000 membros que edificou un grande centro nun enorme rancho en Texas.
|
Na actualidade, Jeffs cumpre desde novembro unha condena de dez anos, tras ser xulgado por cómplice de violación, ao forzar a unha adolescente de 14 anos a casar co seu curmán en 2001.
Actualmente pesan sobre el unha decena de cargos en Arizona por incesto, conspiración, e por manter relacións sexuais con menores. Polo momento, espera a ser xulgado na prisión de Kingman, en Arizona.
A congregación practica abertamente a poligamia en dúas poboacións situadas na fronteira entre Utah e Arizona, Hildale e Colorado City, e os habitantes do rancho raras veces foron vistos na próxima poboación de Eldorado, situada a uns seis quilómetros.
A voz de alarma produciuse tras rexistrarse unha denuncia sobre unha moza de 16 anos que necesitaba 'axuda urxente'. Segundo algúns medios, foi a propia rapariga a que chamou ás autoridades para denunciar que estaba sufrindo violacións.
Trala súa entrada no rancho, a policía rescatou a unhas 52 nenas, de entre 6 meses e 17 anos. Posteriormente, o número de menores evacuados ascendeu a 137.
Continua o rescate debido á grande extensión do rancho (8 quilómetros cadrados).
Comentarios () |
|
|
|
|
|