Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Programa de radio centrado no patrimonio Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 08 de Abril do 2008   |   Cultura
galipor Alumnos dun total de 90 centros educativos da Galiza e do norte de Portugal participarán o 6 de xuño en Vigo nun programa de radio, cos seus traballos sobre patrimonio. A iniciativa, que está organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), conta coa colaboración da asociación 'Ponte...nas ondas', que celebra este ano a XIV xornada de radio interescolar. 
O proxecto, presentado en Santiago, recóllese baixo o lema 'Identidade e Territorio' e finalizará en xuño coa divulgación dos traballos dos escolares nun acto en Vigo, que terá lugar no Auditorio da Escola de Telecomunicacións da Universidade olívica, pola mañá, e dende o Museo do Verbum, pola tarde.

O decano do COAG, Celestino Díaz, recordou, na súa intervención, que o colexio de arquitectos colabora con esta iniciativa a través do 'Proxectoterra', que está dirixido a estudantes de Primaria e Secundaria co obxectivo de contribuír a "mellorar o coñecemento dos novos galegos sobre arquitectura e identidade territorial".

A directora xeral de Fomento e Calidade de Vivenda, Encarna Otero, lembrou que este proxecto leva en funcionamento oito anos, co fin de preservar e recuperar o patrimonio. Así, engadiu que ten como obxectivo facer que os escolares sexan cidadáns "responsables" co seu territorio.

Ademais, segundo recordou un dos representantes de 'Ponte...nas ondas', Xerardo Feijóo, esta iniciativa educativa e cultural naceu en 1995 con motivo da inauguración dunha ponte física entre Galiza e o norte de Portugal. Así, un grupo de profesores de 15 escolas galegas e portuguesas crearon un programa de radio para celebrar ese día, e centráronse en aspectos para traballar coas novas tecnoloxías e co patrimonio galego - portugués.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image