
| Programa de radio centrado no patrimonio |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 08 de Abril do 2008 | Cultura | |||
O decano do COAG, Celestino Díaz, recordou, na súa intervención, que o colexio de arquitectos colabora con esta iniciativa a través do 'Proxectoterra', que está dirixido a estudantes de Primaria e Secundaria co obxectivo de contribuír a "mellorar o coñecemento dos novos galegos sobre arquitectura e identidade territorial". A directora xeral de Fomento e Calidade de Vivenda, Encarna Otero, lembrou que este proxecto leva en funcionamento oito anos, co fin de preservar e recuperar o patrimonio. Así, engadiu que ten como obxectivo facer que os escolares sexan cidadáns "responsables" co seu territorio. Ademais, segundo recordou un dos representantes de 'Ponte...nas ondas', Xerardo Feijóo, esta iniciativa educativa e cultural naceu en 1995 con motivo da inauguración dunha ponte física entre Galiza e o norte de Portugal. Así, un grupo de profesores de 15 escolas galegas e portuguesas crearon un programa de radio para celebrar ese día, e centráronse en aspectos para traballar coas novas tecnoloxías e co patrimonio galego - portugués.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|