Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A raposeira da Espe Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (9 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 08 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Paulo Liñeiro
Image

Moi astuta a presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, non di que se vai presentar como candidata á presidencia do Partido Popular mais tampouco di que non o vaia a facer nun futuro.

Agora só resta que lle digan que ten temperamento galego... 

Esperanza vai tomando posicións, xa apartou a Gallardón, agora esperará a postularse como candidata do seu partido á presidencia do goberno español, logo das autonómicas da Galiza e Euskadi de 2009, previsiblemente con peores resultados para o PP que nas autonómicas do 2005.

Doutra banda, as matemáticas non lle funcionan para xuño, non ten moito tempo para convencer ás agrupacións territoriais, que xa deron o visto bo ao terceiro mandato de Rajoy, de que ela é a mellor opción de futuro.

Malia pensar que Rajoy é un perdedor, hai moitos populares interesados en manter todo como está, non queren perder o seu sillón.

No acto organizado onte polo ABC, Esperanza dixo que as cousas podíanse facerse mellor (clara referencia a Rajoy) e ademais se declarou "liberal". Moi doado dicir a palabra liberal, mais baleira de significado xa que non o aplica, e como mostra temos entre outras cousas o vergoñento xeito de conceder aos seus amigos as licenzas de radio e televisión na comunidade madrileña. É o que ten o querer asegurarse un trato máis que favorable nos medios.

Haberá que esperar pouco, chegará o "liberalismo" de Aguirre á fronte do PP cos seus grandes coñecementos culturais (Sara Mago, excelente pintora?), tempo ao tempo.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (3)add
1
Antón Almeida
Raposeira é un adxectivo que lle vai ben ás súas artes arteiras, pero en su idioma para que me entienda, queda mejor zorra.

08 de Abril do 2008 - 17:49

2
Breixo
Esta o que quere é ser presidenta, ou mellor xeneralíssima.
Mágoa que che quedara pequena Madrid.

08 de Abril do 2008 - 18:25

3
Martita
Bo artigo.
E Deus nos libre de que quede Esperancita de presidenta, senón aínda nos habiamos enterar quen é esa muller.

09 de Abril do 2008 - 00:43

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image