Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Prácticas de espionaxe de Lidl Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 09 de Abril do 2008   |   Sociedade
lidl Recentemente destapouse en Alemaña que a cadea de supermercados Lidl espiaba aos traballadores/as para despois elaborar protocolos internos nos que se fai referencia a personalidade dos empregados/as, relacións persoais que manteñen, frecuencia coa que visitan os servizos... Para isto empregábanse cámaras de videovixilancia e empresas de espionaxe que elaboraban os informes.

Estas prácticas, nun primeiro momento foron negadas aducindo que as cámaras se empregaban para evitar roubos, aínda que finalmente acabaron por recoñecer que o que realmente buscaban era un maior control da personalidade dos seus empregados e  empregadas.

 

A CIG sospeita, que tal e como teñen denunciado os sindicatos alemáns, prácticas semellantes poderían estarse empregando nos centros de Supermercados Lidl en toda Europa e, nomeadamente en Galiza.

 

Trátase dunha empresa cunhas condicións laborais moi precarias e que porén, ten un alto nivel de exixencia canto a relación do traballo e os protocolos de comportamento entre empregados/as e entre estes e os mandos e directivos da empresa.

 

Entre as prácticas habituais en Lidl en Galiza a CIG salienta:

 

-         está terminantemente prohibido chamarse polo nome de pila entre os empregados/as no centro de traballo, incluídas as áreas de descanso.

-         O tratamento e relación de poder entre mandos intermedios e encargados/as co resto de traballadores vai máis alá do razoábel, buscando unha total submisión por parte destes últimos e fomentando a delación entre compañeiras/os.

-         Inténtase romper calquera lazo de solidariedade entre traballadores/as e así cando entra unha persoa nova ao centro de traballo, os propios compañeiros/as están obrigados a reprender ao/a recén chegado/a caso de cometeren algún erro.

-         Existen cámaras de videovixilancia formalmente para evitar roubos. Porén, a súa disposición leva a pensar que están máis ben destinadas a controlar ao persoal e de feito ás únicas que gravan son a que enfocan ao almacén e corredores dos vestiarios.

-         Está terminantemente prohibido que compartan o mesmo centro de traballo traballadoras/es con relacións familiares, de parella ou de amizade, chegándose ao extremo de ter cambiado de centro a traballadoras por estes feitos.

-         Existen tamén empresas contratadas para espiar o comportamento laboral do persoal: dedícanse a falar cos traballadores/as para comprobar o seu trato e os seus métodos de traballo e a intentar sacar mercadorías sen pasar polas caixas, sancionando posteriormente ás traballadoras/es se non descobren ese roubo.

-         A empresa adoita sorprender ás traballadores/es con datos de conversas persoais ou comentarios feitos en privado creando así unha situación abafante na que as traballadoras acaban por sentirse constantemente vixiadas.

 

Con todo isto conseguen un ambiente máis cuartelario que o propio dun centro de traballo e pretenden evitar a existencia de calquera caste de unidade ou compañeirismo entre as empregadas/os. Lidl aproveita esta situación para manter así unhas condicións de traballo máis que abusivas.

 

Deste xeito, o cadro de persoal de Lidl na provincia da Coruña, con máis de cen empregadas conta apenas cun 5% de traballadores/es a tempo completo, a variación sobre os horarios é continua e sen previo aviso con tempo suficiente nos máis dos casos, moitas veces no mesmo día.

 

Durante os últimos tres anos a totalidade do cadro de persoal estivo cobrando bastante menos do que lle correspondería por convenio colectivo con salarios entre 300 e 500 euros.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image