Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Xornalistas sen empresarios Imprimir Correo-e
Mércores, 09 de Abril do 2008   |   Comunicación
basti O columnista e editorialista de 'El País', Miguel Ángel Bastenier, participa no novo ciclo de conferencias que organiza este ano o Club Internacional de Prensa de Galicia "A información a debate" -que se abriu con Carlo Frabetti o día 27 de marzo-, e no que participarán distintos profesionais galegos e de ámbito internacional ao longo do ano.

Bastenier ofrecerá a súa Conferencia, "Xornalistas sen empresarios", hoxe mércores día 9 de abril, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, e a entrada é aberta a todo o público en xeral.

O contexto da conferencia centrarase no espazo latinoamericano. Ademais do seu papel en 'El País', Miguel Ángel Bastenier é tamén profesor da Escola de Periodismo do citado diario e da Fundación para un Novo Periodismo Iberoamericano de Cartagena de Indias (Colombia), que preside Gabriel García Márquez.

Autor dos libros Israel-Palestina: la casa de la guerra e El Blanco Móvil; e de próxima aparición, Periodismo de Papel.

Na súa intervención Bastenier centrará a súa análise en Latinoamérica. Así, na súa Sinopse, sinala que en toda América Latina e, sobre todo, a América andino-caribeña, o que a penas deixa fose Arxentina e Uruguai, as empresas de prensa, pode que sexa o primeiro, pero escasamente o segundo.

Ao perigo real de exercer o periodismo nuns cantos países do hemisferio, o que nos obriga a respectar enormemente a cantos exercen a profesión, hai que sumar as limitacións de feito con que se atopan no exercicio da liberdade de expresión por imperativos políticos, sociais e económicos, en especial en provincias.

E todo iso se debe, fundamentalmente, ao exiguo dos mercados. España, que non se atopa precisamente á cabeza do número per cápita de exemplares vendidos no mundo desenvolvido, vende polo menos un 25% máis de xornais que Costa Rica que, seguramente, é o mercado máis rico desa América que exclúe parte do cono sur.

Por iso, toda América está enchida de seminarios xornalísticos nos que nunca se discute a técnica xornalística, do que se ignora case todo, e moitísimo de deontoloxía e condicións (inverosímiles) de traballo, do que abundan os especialistas.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image