
| Discurso baleiro, investidura previsíbel |
|
|
| Xabier Pérez Igrexas | Mércores, 09 de Abril do 2008 | Sinaturas - Xabier Pérez Igrexas | |||
O discurso do candidato Zapatero en termos estéticos non emocionou a ninguén, nin tan se-quer achegou a mínima dose de profundidade no senso dialéctico. Era apenas unha mestura de slogans, titulares e claims, ou frases soporte. Un artificio máis, inda que algo pobre, de mercadotecnia política. Como parlamentario nunca se luciu o presidente en funcións, nin nos seus tempos de deputado raso. Semella que o hemiciclo non lle resulta un cenario cómodo e da a impresión de estar a desgusto, con falta de axilidade verbal e mental. No político a intervención resultou nunha especie de crónica dunha investidura previsíbel unha vez o PSOE desprezou, estreando o seu novo talante, o apoio das forzas nacionalistas, renunciando á eleción nunha única votación. Porén, hai algúns elementos positivos no dito por Zapatero, destacadamente no referido ás políticas sociais, co anuncio de continuar a amplialas e estendelas, cunha aposta por adicar máis esforzos aos segmentos sociais máis desfavorecidos e desprotexidos e coa pretensión de continuar a xerar máis e mellor emprego.
Inda así, eses elementos positivos que poderíamos definir como o bloque social do discurso de Zapatero, veuse deslucido polas dúbidas que suscita que estas iniciativas poidan sustentarse coa política económica que enunciou o candidato socialista, que se pode resumir no paradoxo incompatíbel do máis por menos: máis política social e menos impostos. Difícil de crer.
A decepcionante renuncia a reformar a lei do aborto e á despenalización da eutanasia, a non mención ás reformas do Senado ou do Tribunal Constitucional ou as escasas referenzas ás infraestruturas, son algúns exemplo máis dun discurso con escasísimo impulso reformador e con pouco fondo.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|