Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Detido un traballador de Albada Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 09 de Abril do 2008   |   A Coruña
mariapita O traballador de Albada (empresa encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña), detido onte pola mañá e acusado de desobediencia á autoridade anunciou que denunciará aos axentes por agresión

O Comité de Empresa explicou que varios axentes bateron neste traballador. "Tirárono ao chan e golpeáronlle a cabeza contra a carrocería do coche policial", relatou. Unha actitude que "condenaron sen paliativos", ademais de mostrar o seu "apoio total" ao traballador.

Por iso, anunciaron que o acompañarán ao xuízo rápido que terá lugar o xoves ás 11.20 horas na Coruña, o que obriga a cancelar a manifestación prevista para ese día en Santiago de Compostela como "colofón" ás súas manifestacións antes de comezar a folga indefinida o día 12.

Os feitos tiveron lugar arredor das 12.30 horas, cando finalizaba unha manifestación que partira ás 11.00 horas do centro de saúde do Ventorrillo e que finalizou na praza de María Pita. Segundo explicaron traballadores presentes na detención, un axente da Policía Nacional esixiu a un traballador, que ía pechando a mobilización, que non se demorase agarrándoo polo brazo.

Isto provocou un enfrontamento entre ambos que rematou coa detención do traballador e o seu traslado á comisaría de policía de Lonzas. Alí o traballador, Ramón Borja Jiménez, tivo que dar conta do acontecido, asesorado por un avogado da CIG e polo seu voceiro, Paulo Carril; antes de ser posto en liberdade pasadas as 14.00 horas e á espera dun xuízo rápido por resistencia á autoridade.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image