
| Zapatero versus Rajoy |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 09 de Abril do 2008 | Estatal | |||
Os acordos que propuxo o presidente en funcións van en catro direccións: política antiterrorista, xustiza, financiamento autonómico e política exterior.
Pero ademais de pactos, no debate houbo moita economía e moitas cifras.
O presidente, que até hai ben pouco negou até que houbese incertezas e presumiu de datos, foi realista, segundo a súa propia definición, e comezou a preparar aos cidadáns para tempos duros. E nese contexto lanzou un guiño á esquerda, clave para a súa vitoria electoral.
Non falou de recesión, mais si recoñeceu que a España lle esperan dous anos de desaceleración.
O Goberno, segundo dixo, ten dúas opcións. Unha, Recurtar gastos sociais -como fan outros países europeos- ou unha segunda que supón mantelos e apostar pola solidariedade cos que máis sufrirán a crise.
Zapatero garantiu que el optará pola solidariedade porque é socialista, mais tamén porque o superávit permite ao Estado seguir gastando.
Máis que en Zapatero, a expectación estaba en torno a Mariano Rajoy, que anunciou o NON do seu grupo nos primeiros segundos da súa intervención. Rajoy dedicou un bo rato a xustificar o seu voto, mais con moi pouca claridade de ideas.
Con toda seguridade, un dos discursos máis frouxos de Rajoy no Congreso nos últimos catro anos.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|