Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Inspeccións de traballo Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 09 de Abril do 2008   |   Portugal
tourino
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que responsables da Galiza e Portugal celebrarán unha reunión en Ourense o día 25 de abril para desenvolver "un plan de actuación inspectora conxunta galaico-portuguesa", en resposta no pleno da Cámara galega a unha pregunta do voceiro do BNG, Carlos Aymerich.
A Consellaría de Traballo é a impulsora da reunión do 25 de abril, na que haberá representantes deste departamento, así como da Seguridade Social, do Ministerio de Traballo e de todos os equivalentes portugueses, así como de axentes sociais de ambos países.

O presidente da Xunta respondía así á preocupación que lle manifestara Aymerich ao respecto da situación dos traballadores portugueses, que participan na realización de grandes infraestruturas na Galiza, e que non son tratados nas mesmas condicións que os españois

Aymerich denunciou que algúns obreiros contan con contratos falsos nos que figura un salario que finalmente non perciben, ademais de que "non se cumpre o convenio da construción", polo que esperou que a reunión anunciada por Touriño "teña algo positivo" para resolver esta problemática.

O xefe do Executivo recordou que por lei as condicións deben ser iguais para todos os traballadores, independentemente da súa nacionalidade. Ademais, resaltou que no caso concreto das obras da AVE a Xunta as considera de alto risco e realiza un "seguimento continuado e permanente".

Seguridade e dignidade salarial, cumprindo os convenios e as normas, para todos os traballadores galego-portugueses. As empresas que non cumpran terían que ser fortemente sancionadas.

Acaso quen xoga coa seguridade dos seus traballadores non merece castigo? e o que explota, engana e en última instancia rouba? e o xenófobo tampouco?

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image