
| Cada vez máis difícil o acordo |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 10 de Abril do 2008 | A Coruña | |||
Segundo explicou o presidente do Comité de Empresa, Manuel Vilariño, a reunión "non serviu de nada porque non puideron conseguirse avances" e remarcou que "os traballadores non cederán a tres premisas reflectidas no convenio colectivo e relacionadas cunha importante suba salarial, a redución do horario de traballo e a mellora da seguridade laboral", que preferiu non concretar. O nomeamento de Carlos Domenech como mediador no conflito en representación da Xunta serviu para que ambas partes conviñeran nun encontro, que se celebrou na sede de Inspección de Traballo da cidade herculina, co obxectivo de evitar a folga indefinida prevista para a partir do próximo 12 de abril. Nembargantes, membros presentes no encontro recoñeceron que a situación "está moi tensa" porque as dúas partes "se amosan moi reticentes a ceder nas súas posturas", o que lles impediu achegar posturas nesta xornada, polo que a devandita folga segue convocada.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|