Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Rede Galega de Música ao Vivo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 10 de Abril do 2008   |   Comunicación
rede-galega-musica-ao-vivo Un total de 81 grupos e solistas actuarán en 47 locais, nun total de 576 concertos, por toda Galiza no marco da segunda edición da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV). Todos eles, aparecerán nunha nova revista editada polo Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem), co obxectivo de ampliar a súa difusión. 

Esta publicación, baixo o título 'Ao vivo música', será unha revista de periodicidade semestral que se distribuirá de forma gratuíta nas salas que forman parte do circuíto. No seu primeiro número aparece a banda viguesa 'The Blows', co seu disco 'Upskirts', ademais doutras tantas 30 páxinas con reportaxes e entrevistas.

Deste xeito, a revista dará a coñecer o circuíto de concertos, promovidos pola asociación 'Clubcultura', e máis a programación, que levará a partir deste ano o nome de Carlos Humberto Díaz Pérez, en recoñecemento e en memoria dun dos seus principais impulsores.

O Igaem tamén puxo en marcha unha web, na dirección www.musicaovivo.info , para ofrecer información sobre a axenda de concertos, así como dos grupos que participan. Nesta páxina recóllese o calendario anual dos concertos xunto con información "detallada" sobre os grupos e as salas.

A maiores, conta cun apartado de documentación desde o que se pode acceder a imaxes das bandas, así como consultar a normativa de funcionamento da rede e descargar a versión electrónica da revista, entre outros materiais.

Comentarios (2)add
1
CHU
ERES O MELLOR...JAIMIÑO ALEGALES...BICO smilies/tongue.gif

Abril 22, 2008

2
CHU
krt smilies/cool.gif....coidate repolo do monte...e a seguir loitando pola música en vivo

Abril 22, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image