
| Primeira reunión cos agricultores |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 10 de Abril do 2008 | Internacional | |||
Trátase do primeiro encontro desde o anuncio de suspensión da folga, o 2 de abril, logo de 21 días de protestas en rexeitamento ao sistema de gravámenes móbiles ás exportacións de grans, en especial a soja.
"Paréceme un bo sinal. Oxalá poidamos falar de como imos desenvolver unha proposta para o sector que atenda os reclamos que tivemos nestas xornadas de protesta", dixo Luciano Miguens, titular da Sociedade Rural Arxentina á prensa. Eduardo Buzzi, presidente de Federación Agraria Arxentina, tamén se mostrou satisfeito: "Era o que estabamos esperando. Valoramos que a Presidenta tome nota do pedido que lle fixemos e esperamos que isto abra un lugar (de discusión) en función do que o campo vén reclamando", expresou. A folga derivou na primeira crise política que enfrontou Kirchner, con ruidosas protestas de opositores nas rúas de Bos Aires e outros puntos do país. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|