Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Todos 'apoian' a Rajoy Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (3 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 10 de Abril do 2008   |   Estatal
rajoy8

O alcalde de Madrid, Alberto Ruiz-Gallardón, referiuse desde Pekín por primeira vez á posibilidade de que Esperanza Aguirre se presente como candidata a presidir o PP.

Segundo Gallardón, Esperanza apenas terá apoios dos militantes do partido.

A Gallardón sumouse Francisco Camps, Ramón Luís Valcárcel e Alberto Núñez Feijóo, que opinan que Rajoy é a persoa adecuada para liderar o PP

Nunha rolda de prensa improvisada, Gallardón cargou duramente contra o amago de Aguirre. O alcalde subliñou que o que a presidenta comunicou "non é unha decisión senón unha indecisión", que chega ademais no peor momento e cunha grande falta "de elegancia e de colaboración" para con Mariano Rajoy.

"Se a indecisa Esperanza Aguirre converte a súa indecisión en decisión" e presenta finalmente a súa candidatura para o Congreso do PP en xuño, que "está perfectamente no seu dereito" de facelo, segundo matizou Gallardón, "non será unha candidatura que teña o apoio maioritario dos militantes do PP". "Teño a convicción de que a persoa que ten que estar á fronte do PP é Rajoy" e o apoiará "tanto se é a única candidatura" coma se Aguirre se presenta.

Ruiz-Gallardón dixo compartir as palabras do seu número dous, Manuel Cobo, que comentou onte que Aguirre montara un "espectáculo" a modo de globo sonda para calcular as súas forzas. Aguirre necesita 600 avales para presentar a súa candidatura, e a Madrid correspóndenlle a priori 208 delegados dos 3.000 que se darán cita no Congreso. 

Sobre os rumores que o sitúan na Secretaría Xeral do partido se vence Rajoy, Gallardón admitiu que lle gustaría estar nun hipotético equipo con Rajoy para facer fronte a Aguirre.

Tralo apoio de Gallardón producíronse, tamén pronunciamentos doutros importantes barones do PP en Valencia, Murcia e Galiza. Así, os presidentes da Generalitat Valenciana, Francisco Camps, e de Murcia, Ramón Luís Valcárcel, apoiaron públicamente a Rajoy, a quen considerou "a persoa oportuna" para liderar o Partido Popular, opinión que segundo eles comparte todo o PP. Pola súa banda, a alcaldesa de Valencia, Rita Barberá mostrouse en favor da candidatura do líder do PP e o líder do PP Galego, Alberto Núñez Feijóo, pronunciouse tamén a favor de Rajoy.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (2)add
1
Pablo
Tamén o PSOE quere a Rajoy para 2012, todos contentos ... smilies/shocked.gif

11 de Abril do 2008 - 14:16

2
FAES Y DE LAS JONS
Como non lle van facer caso ó xefe?, senón xa saben o que lles queda; non é así?

11 de Abril do 2008 - 18:15

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image