
| Sabotaxe a Leite Río |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 11 de Abril do 2008 | Sociedade | |||
Así o confirmou o responsable de vendas de Leite Río, José Manuel Reguera, quen elevou a 20.000 euros a contía dos danos que provocaron estas accións realizadas por descoñecidos, xa que aclarou que ningún dos catro condutores puideron ver quen abriu os colectores co leite que acababan de recoller na zona. Reguera confirmou que comunicaran estas sabotaxes á Garda Civil, que abriu unha investigación. Ademais, anunciou que a compañía decidiu suspender a recollida de leite aos gandeiros nestas catro zonas "até que se lles garanta a seguridade dos remolques". "Non ten lóxica que o recollamos para que logo se nos tire", argumentou o responsable de Vendas de Leite Río, quen rexeitou que esta suspensión da recollida sexa unha "especie de castigo" aos gandeiros da zona, "senón que se trata simplemente de garantir a seguridade dos nosos camións". Estas sabotaxes prodúcense despois de que os sindicatos agrarios alertaran de que a industria prepara para marzo un nova baixada dos prezos que pagan aos gandeiros, trala baixa no mes de febreiro de até seis céntimos de euro por litro. Precisamente, esa decisión motivou en marzo dúas manifestacións en tamén dúas fábricas de leite en Nadela (Lugo) e Pontedeume (A Coruña), que acabaron co asalto ás súas instalacións e danos no interior destas. Tras rexistrarse estas sabotaxes en rutas de Leite Río, os sindicatos agrarios manifestaron a súa condena a estes baleirados de cisterna, mais admitiron que é "comprensible" o "malestar xeral" entre os gandeiros debido á situación que viven, "con suba de custos mentres caen os prezos".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|