Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Abel Losada novo director xeral do gabinete de Presidencia Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 11 de Abril do 2008   |   Comunicación
abelosada O Consello da Xunta autorizou o nomeamento de Abel Losada como novo director xeral do gabinete de Presidencia, quen onte anunciou no pleno do Parlamento a súa renuncia como deputado do Grupo Parlamentario Socialista, no que era voceiro de Infraestruturas. 
Losada, nacido en Ourense e residente en Vigo, é doutor en Ciencias Económicas e profesor titular de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Tamén foi concelleiro na cidade olívica e forma parte da Executiva do PSdeG.

O novo director xeral do gabinete substitúe no cargo a Aurelio Romero Montañés, que renunciou hai varias semanas. Pola súa banda, a número 10 da candidatura socialista por Pontevedra, María Soledad Sánchez Trujillano, substituirá a Losada no Parlamento, xa que o anterior na lista, Pedro Borrajo, expresou a súa vontade continuar como delegado da Consellaría de Traballo en Pontevedra.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image