
| Veciños de Moaña encadeanse co apoio do PP |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 11 de Abril do 2008 | Economía | |||
Neste senso, explicou que as persoas encadeadas "contan co apoio dos cidadáns, polo que ás veces houbo entre 30 e 50 persoas concentradas". Verdeal precisou que, de non ser convocados polo alcalde, o encadeamento "se manterá" cada día durante o horario de apertura ao público do Concello, polo menos até o sábado 19 de abril, cando celebrarán unha manifestación polas rúas da localidade. O voceiro do colectivo, que tamén conta co apoio do PP local, explicou que a mobilización recibiu a autorización da subdelegación do Goberno en Pontevedra e recordou que servirá para pedir unha revisión do catastro. "Non nos negamos a pagalo, senón a facelo na súa xusta medida", destacou. Fontes da Policía Local de Moaña reduciron o número de participantes na protesta a "seis persoas", os que "estiveron encadeados entre si no exterior do Concello" até as 14.00 horas, e explicaron que unha patrulla permaneceu ás portas da sede consistorial para evitar que entrasen os encadeados e outra xente que portaba instrumentos para facer unha cacerolada.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|