Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Veciños de Moaña encadeanse co apoio do PP Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 11 de Abril do 2008   |   Economía
moana Veciños da localidade pontevedresa de Moaña, contrarios á suba do catastro, encadeáronse onte durante algo máis de cinco horas no exterior do Concello para pedir ao alcalde, Xosé Manuel Millán, que os reciba e dea "unha solución" ante a suba do catastro prevista para os próximos anos. 
O voceiro da plataforma contraria ao 'catastrazo', Vicente Verdeal, explicou que un grupo de veciños acudiu onte ás 8.00 horas e se encadeou ante a porta da Casa Consistorial para pedir ao rexedor "que escoite" as súas demandas, despois de que no pleno do pasado luns, o bipartito local e os independentes rexeitasen a revisión do catastro.

Neste senso, explicou que as persoas encadeadas "contan co apoio dos cidadáns, polo que ás veces houbo entre 30 e 50 persoas concentradas". Verdeal precisou que, de non ser convocados polo alcalde, o encadeamento "se manterá" cada día durante o horario de apertura ao público do Concello, polo menos até o sábado 19 de abril, cando celebrarán unha manifestación polas rúas da localidade.

O voceiro do colectivo, que tamén conta co apoio do PP local, explicou que a mobilización recibiu a autorización da subdelegación do Goberno en Pontevedra e recordou que servirá para pedir unha revisión do catastro. "Non nos negamos a pagalo, senón a facelo na súa xusta medida", destacou.

Fontes da Policía Local de Moaña reduciron o número de participantes na protesta a "seis persoas", os que "estiveron encadeados entre si no exterior do Concello" até as 14.00 horas, e explicaron que unha patrulla permaneceu ás portas da sede consistorial para evitar que entrasen os encadeados e outra xente que portaba instrumentos para facer unha cacerolada.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image