Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Espinosa, Salgado e Molina manteñen as súas carteiras Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 12 de Abril do 2008   |   Estatal
gobernoestatal
Os galegos Elena Salgado, Elena Espinosa e César Antonio Molina manterán as carteiras de Administracións Públicas, Agricultura e Cultura, respectivamente. No entanto, Elena Espinosa asumirá no seu ministerio as competencias de Medio Ambiente e Medio Rural, mentres que a denominación de Pesca, que segue neste departamento, pasará a chamarse Medio Mariño.  

O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, fixo pública esta mañá a composición do novo Gabinete, que terá 17 carteiras, unha máis que até o de agora, xa que crea dous novos ministerios, os de Igualdade e Investigación e Desenvolvemento.

No gabinete haberá cinco caras novas, tres delas mulleres, mentres que Carme Chacón, que pasa de Vivienda a Defensa, é o único membro do anterior Goberno que cambia de carteira. O Executivo terá máis mulleres que homes.

No novo equipo gobernamental seguirá habendo dous ministros cataláns, dous andaluces e tres galegos, mentres que Miguel Sebastián terá a dúas ministras da súa confianza, a vasca Cristina Garmendia e a madrileña Bibiana Aído.

   A composición do novo Goberno é a seguinte:

   -Presidente do Goberno: José Luís Rodríguez Zapatero.

   -Vicepresidenta Primeira: María Teresa Fernández de la Vega.

   -Vicepresidente Segundo: Pedro Solbes.

   -Ministra de Defensa: Carme Chacón.

   -Ministro de Xustiza: Mariano Fernández Bermejo.

   -Ministro de Interior: Alfredo Pérez Rubalcaba.

   -Ministro de A. Exteriores: Miguel Ángel Moratinos.

   -Ministra de Fomento: Magdalena Álvarez.

   -Ministra de Educación, Política Educativa e Deporte: Mercedes Cabrera.

   -Ministro de Traballo e Inmigración: Celestino Corbacho.

   -Ministra de Administracións Públicas: Elena Salgado.

   -Ministro de Industria, Turismo e Comercio: Miguel Sebastián.

   -Ministra de Medio Ambente, Medio Rural e Mariño: Elena Espinosa.

   -Ministro de Sanidade: Bernat Soria.

   -Ministro de Cultura: César Antonio Molina.

   -Ministra de Ciencia e Innovación: Cristina Garmendia.

   -Ministra de Vivenda: Beatriz Corredor.

   -Ministra de Igualdade: Bibiana Aído.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (1)add
1
Arce
Parabéns aos ministros galegos.

13 de Abril do 2008 - 04:54

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image