
| O PPdeG pide oposicións sen galego |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Sábado, 12 de Abril do 2008 | Cultura | |||
López Besteiro sinalou que a medida de "obrigar os opositores a presentar en galego a programación didáctica" e de "utilizar a mesma lingua para defender esta proposta ante o tribunal" foi recibida "con rexeitamento por boa parte dos futuros opositores" ao "ser comunicada a pouco máis de dous meses da celebración das probas". A xuízo da popular "o correcto sería que os opositores puidesen elixir o idioma no que desexen ser examinados". De non ser así, sinalou López Besteiro, "poderíase dar o paradoxo de que en lugar de seleccionar aos mellores docentes de física ou de matemáticas, aproben finalmente os que mellor se expresen en galego".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|