Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un goberno pomposo pero débil Imprimir Correo-e
Xabier Pérez Igrexas   |   Domingo, 13 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Xabier Pérez Igrexas
Image

A apresentación do novo gabinete ministerial de Zapatero encaixa dentro do efectismo mediático que caracteriza ao PSOE dende o efecto ZP. A pompa do cantar de xesta no que se converteu a intervención do recén investido, apenas cos votos das/os deputadas/os do seu partido, presidente do goberno central, da boa conta do empeño propagandístico que puxo para informar dos nomeamentos

Zapatero insistiu unha e outra vez nos feitos "históricos" que son consecuencia dos seus nomeamentos: primeira muller ministra de defensa, nove ministras fronte oito ministros, a ministra máis nova da historia que será titular da nova carteira de igualdade... Inda así existe un escasísimo refresco, con moi poucos cambios e menos caras novas, co interese se cadra de non dar sensación de emenda.

Hai dúas cuestións que resultan moi preocupantes do novo elenco ministerial. Dunha banda o mantemento dos ministerios de vivenda e cultura, cando ambas áreas son competencias transferidas ás diferentes CCAA, e cando na anterior lexislatura xa quedou demostrada a pouca utilidade política e social da existencia de ambas carteiras, que agora mantéñense coincidindo co afán re-centralizador que non agochou Zapatero na sesión de investidura. Por outra parte o feito de diluír as políticas agrarias e pesqueiras, que para Galiza teñen unha importancia capital e estratéxica, dentro dun ministerio deseñado fundamentalmente para a política medio-ambiental e non produtiva.

No equipo de Jose Luís Rodríguez Zapatero mantéñense tres ministras/os de orixe galega, Cesar Antonio Molina, Elena Salgado e Elena Espinosa, das que haberá que ver se teñen a altura política de exercer tamén de galegas e galegos dende as altas responsabilidades para as que foron designadas, inda que a experiencia da anterior lexislatura non convide ao optimismo nese sentido.

Con todo o que si que non pode agochar o flash mediático de Zapatero é a debilidade do seu goberno, sustentado nunha exigua e mínima maioría, e que precisará do apoio doutras forzas políticas para desenvolver o paquete lexislativo necesario para a execución do seu programa. Esa debilidade do PSOE é unha fortaleza para Galiza, que conta con dous deputados, os do BNG, que serán decisivos. Senón ao tempo.

 

Comentarios (2)add
1
Fran
Débil non.
Zapatero é presidente do goberno estatal sen pactar, logo é máis forte que na anterior lexislatura.

Abril 15, 2008

2
Xabier Pérez Igrexas
A investidura de Zapatero estaba practicamente asegurada no momento en que obtivo o maior número de votos nas eleccións xerais. As forzas que se abstiveron, fundamentalmente nacionalistas, non ían favorecer en ningún intre un governo do Partido Popular. A elección de Presidente de Governo é o primeiro paso da lexislatura, onde comeza, pero restan 4 longos anos nos que o PSOE terá que contar necesariamente co apoio doutras forzas para sacar adiante os proxectos de lei imprescindíbeis para a súa acción de governo, incluídos os Orzamentos Xerais do Estado. De entrada o que ten en fronte é un Partido Popular enleado na súa movida interna, que non lle facilitará demasiado o camiño para non parecer entregado á esquerda radical que din que é ZP, e unha serie de formacións políticas, entre as que destacan as que conforman a alianza Galeuscat, coas que o único que conseguiu este novo ZP, españolizado e aparentemente libre, foi crear un clima de desconfianza.

A investidura en 2ª volta foi unha vitoria pírrica dun Zapatero que terá que volver a pasar polo rego democráctico de dialogar coas demais forzas políticas. Esa é a súa debilidade, e a nosa fortaleza.

Abril 15, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image