Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Oposicións sen galego Imprimir Correo-e
Beatriz Guiance   |   Sábado, 12 de Abril do 2008   |   Beatriz Guiance
Image A voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, pediu á Xunta que anule a norma recentemente publicada, que obrigará a efectuar exclusivamente en galego dúas probas das oposicións para persoal docente, e que permita aos opositores elixir o idioma no que prefiren expresarse, unha vez que acrediten o seu coñecemento de galego. 
Tras reunirse hoxe en Ourense cun grupo de opositores, López Besteiro instou á Xunta a que paralice a norma mentres non se atope unha solución satisfactoria para todos os afectados, en vista das oposicións que se celebrarán o próximo 20 de xuño para cubrir máis de 2.000 prazas de funcionario.

López Besteiro sinalou que a medida de "obrigar os opositores a presentar en galego a programación didáctica" e de "utilizar a mesma lingua para defender esta proposta ante o tribunal" foi recibida "con rexeitamento por boa parte dos futuros opositores" ao "ser comunicada a pouco máis de dous meses da celebración das probas".

A xuízo da popular "o correcto sería que os opositores puidesen elixir o idioma no que desexen ser examinados". De non ser así, sinalou López Besteiro, "poderíase dar o paradoxo de que en lugar de seleccionar aos mellores docentes de física ou de matemáticas, aproben finalmente os que mellor se expresen en galego".

Para poder expresar algo, tanto en galego como en calquera outro idioma, hai que saber tanto a materia obxecto do exame como saber expresar eses coñecementos.

Se o problema é que poden acabar sendo docentes con praza os que mellor se expresen en galego e non os que mellor coñecemento teñan da materia pola que se presentan á oposición, como é que non lle preocupa que sexan os que leven as prazas os que mellor se expresen en español aínda que non sexan os que mellor dominen a materia?

No PP en xeral, e esta señora en particular, teñen saídas de pata de banco.

Nun país no que queremos un ensino de calidade precisamos que os profesores e os mestres teñan dominio da materia que van impartir, iso por suposto, mais tamén e sobre tudo deben saber facer chegar aos alumnos eses coñecementos. Saber comunicar, saber explicar na lingua vehicular propia é dunha lóxica irrefutable.

Será que a señora Besteiro quere que todos os docentes neste país, e non necesariamente deste país, empreguen como lingua nas aulas o español, pasando por riba dos dereitos dos galegos unha vez máis?

Quere seguir a alienar aos nenos galegofalantes até conseguir unha plena normalización lingüística só en español?  Ou conseguir que non quede na Galiza un só neno galegofalante escolarizado?

De bilingüismos harmónicos acho que xa imos un pouco fartos e a o único que conducen é ao harmónico ou discorde uso do monolingüismo en español.

A señora Besteiro pretende acaso facer da lingua galega na escola unha materia optativa?

Só resta ver o que fan logo, cando alguén lles veña dicir que fagan os exames en inglés, como saltan a defender o español!!!

Se é por cuestión globalizadora... xa se pode ir poñendo a aprender chinés, miña estimada señora, senón aínda lle van comer as papas.

Eu de vostede aínda me preocuparía por outra cuestión, miraría de ver que os que leven as prazas as leven polo dominio lingüístico e académico e non polo funcionamento do trifásico que leven.

 

Comentarios (10)add
1
Fran
Excelente artigo. Mellor só MANUELA LÓPEZ, o seu segundo apelido é demasiado galego para ela.

Abril 13, 2008

2
Xabier Pérez Igrexas
De bilingüismos harmónicos acho que xa imos un pouco fartos e a o único que conducen é ao harmónico ou discorde uso do monolingüismo en español.


Xenial artigo. Compartoo completamente.

Unha aperta.

Abril 13, 2008

3
FAES Y DE LAS JONS
Os armónicos peperos andan detrais dos bilingüistas a ver quen é máis español i éstes grupos van ser a tumba do pp en galiza e senón ó tempo.

Abril 13, 2008

4
XAXA
Hai moita xente do PP que nunca castelan falaron, non sei como o PP os pode tratar esi!

Abril 13, 2008

5
Djalminha
Excelente artigo, parabéns.

Abril 14, 2008

6
Djalminha

Abril 14, 2008

7
Alba
E Quintana a dizer que nas galescolas se vai aprender castelán e máis que os pais terán dereito a escoller o mesmo de sempre, todo en castelán agás lingua galega. Logo vai mudar algo?
O BNG non é mellor que o PP, e Quintana non é mellor que Besteiro.
O artigo moi bo. Tes moita razón.

Abril 15, 2008

8
Gallego de La Coruna
Tenemos dos lenguas en Galicia, porque no vamos a poder utilizar el español?
Las oposiciones no pueden discriminar a una de las dos lenguas. Los opositores tienen que demostrar que están capacitados en las dos, que dominan las dos, nada más.
Un profesor que lleve preparando las oposiciones desde hace unos meses, no puede encontrarse a dos meses que las programaciones que preparó no sirven.
Los profesores deben recurrir, no es constitucional.

Abril 16, 2008

9
Hadrián
A túa faciana vermella e marela delátante. Españoleiro serás pero como sexas profesor... e índote de que te expresas ben en español.
"porque no vamos a poder utilizar el español?" , quererás dicir: ¿por qué no vamos a poder utilizar el español?
Eu diríache que para facelo tan mal mellor que te dediques a outra cousa, non me gustaría que un fillo meu dera contigo e lle aprenderas a escribir con faltas de ortografía e mala expresión. E logo din que hai fracaso escolar... con profesores coma ti!!!

Abril 16, 2008

10
Gallego de La Coruna
Soy gallego y también soy español, me siento gallego y español como la gran mayoría de los que tuvimos la suerte de nacer en Galicia.
Lo que no soy es profesor ni tampoco estoy preparando oposiciones, pero todo lo que me suena a discriminación me parece mal, y esta convocatoria de oposiciones es una discriminación para los que utilizamos habitualmente el idioma español.

Abril 17, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image