Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Autodeterminación do pobo saharauí Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 13 de Abril do 2008   |   Internacional
santiago-compostela A 'Declaración de Santiago', aprobada hoxe na XII Conferencia de intergrupos Parlamentares Liberdade e Paz no Sahara Occidental, insta aos organismos internacionais para que "se comprometan con accións efectivas que permitan a celebración do referendo de autodeterminación do pobo saharauí con plenas garantías". 

Así o plasmaron os grupos nun encontro celebrado na capital galega, no que os representantes españois se comprometeron a traballar para "rematar coa represión que están a padecer os saharauís nos territorios ocupados por Marrocos" e para "poñerlle fin ás condicións infrahumanas nas que viven no deserto de Alxeria preto de 150.000 persoas".

A vicepresidenta do Parlamento galego, Tareixa Paz, que interveu na clausura da Conferencia, mostrou a súa "satisfacción" pola aprobación deste texto, cando se cumpren 32 anos dende a proclamación da República Árabe Saharauí.

Tareixa Paz afirmou que espera que a 'Declaración de Santiago' sirva de alento ao pobo saharauí, que ten dado abundantes mostras de paciencia, e que "lles sirva para ver unha ventá aberta para construír o seu propio futuro".

Finalmente, Tareixa Paz reafirmou o compromiso da Galiza co pobo saharauí a través de "diversas expresións", como a acollida de nenos no programa Vacacións en Paz, diversas manifestacións de "denuncia da represión e da violación dos dereitos humanos" na zona e o apoio o propio Parlamento da Galiza ás resolucións 1675 e 1720 das Nacións Unidas, que pretenden "buscar unha solución política xusta que inclúa o exercicio da autodeterminación do pobo saharauí".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image