Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Albada: preacordo e desconvocatoria da folga Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 13 de Abril do 2008   |   A Coruña
nostian A empresa encargada da xestión da planta de tratamento de residuos de Nostián, na Coruña, asinou un preacordo co Comité de Empresa e desconvoca a folga xeral prevista para a partires desta noite. 
Despois de cinco horas e media de negociación na sede de Inspección de Traballo da Coruña, ambas partes asinaron un preacordo para unha futura negociación dun novo convenio colectivo que mellore as condicións salariais e de seguridade laboral dos empregados.

O preacordo estipula que o novo convenio colectivo de Albada teña unha vixencia de tres anos, dende o 1 de xaneiro de 2008 e até o 31 de decembro de 2010, data na que a empresa garantiu que homologará as condicións salariais dos seus empregados coas do persoal da planta de Sogama.

O presidente do Comité de Empresa, Xosé Manuel Vilariño, recordou que a homologación salarial con Sogama é "unha demanda histórica dos empregados de Nostián" e aclarou que os demais puntos do novo convenio colectivo se negociarán nunha nova mesa de traballo.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image