Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Vacas autóctonas en perigo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 14 de Abril do 2008   |   Sociedade
vacas
A realidade da cabana bovina da Galiza revela non só que non é certa a cifra literaria de Manolo Rivas de 'Un millón de vacas' -nos campos galegos só pastan 400.000- senón que, contrario á crenza estendida, a 'Rubia galega' non é a súa única raza autóctona, aínda que poida parecelo polas súas 200.000 reses. Así, debe compartir esta orixe de pureza con outras cinco: 'cachena', 'caldelá', 'frieiresa', 'limiá' e 'vianesa'. Menos coñecidas, con todo, porque entre todas elas non superan as 6.000 cabezas e, xa que logo, están en perigo de extinción.
Estas cinco razas autóctonas galegas contan cunha protección especial por parte da Administración autonómica, do mesmo xeito que a 'ovella galega', o 'porco celta' e a 'galiña de Mos', que tamén corren risco de desaparecer. Para evitalo, a Consellaría de Medio Rural conta en Coles (Ourense) co Centro de Recursos Zooxenéticos, onde se cría e se mellora xeneticamente este tipo de gando para recuperar esta cabana.

Precisamente, o director deste centro, Carlos López, explicou que se trata de estirpes milenarias que empezaron a desaparecer nos anos 60. A mediados de século xurdiron problemas de alimentación, que propiciaron a introdución de razas foráneas con capacidade de engorde "máis rápido".

As autóctonas necesitan 70 días para engordar un quilo e medio, fronte aos 40 para dous quilos dos animais importados. "Non podían competir", admitiu Carlos López. A esta situación, sumouse a mecanización do campo. As razas autóctonas son máis rústicas e propicias para o tiro de aparellos agrarios como arados e carros, que comezaron tamén a desaparecer e con eles tamén estas vacas até chegar á crítica situación actual.

A 'cachena' -a vaca máis pequena do mundo- é a que mellor situación rexistra con 3.025 cabezas no censo de 2007: séguelle a 'vianesa', con 1.159; e a 'caldelá', con 1.025. Neste rexistro, inclúense os tenreiros destinados ao sacrificio, polo que a cabana real actual é menor. Níveis máis baixos ten a 'frieiresa' cunha cabana de 372 reses e a 'limiá' con 414. 

Carlos López puxo en valor as "vantaxes" destas razas autóctonas que os gandeiros están comezando a "redescubrir" como a súa "grande adaptación" ao medio en que viven ou o feito de que que sufriron un proceso de selección natural que lles axuda a previr enfermidades e facer fronte a rigores climáticos.

O seu proceso de produción responde ás características da gandería ecolóxica: crianza ao aire libre, produción extensiva, alimentación natural e ausencia de factores estresantes. Todo iso, unido á súa especial morfoloxía, fai que estas reses sexan indispensables.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image