
| Artesanarte 2008 |
|
|
Tamén é traballo cotián da área de Cambio Climático manter informada á cidadanía da situación ambiental actual, así coma facer presión pública para que os programas ambientais políticos sexan eficientes. É así que xurde a Campaña Internacional SOS CLIMA que pide reducións anuais de gases de efecto invernadoiro e que estrearase a nivel galego o próximo 22 de Abril “Día Mundial da Terra”. A asociación conta tamén cunha área de Consumo Responsable, na que actualmente estase a traballar en dúas campañas prioritarias “Un café xusto, por favor” (que promociona o consumo de produtos de Comercio Xusto en diferentes establecementos), e a Campaña Internacional pola declaración de Zonas Libres de Transxénicos, formando parte da Plataforma Galega Anti-transxénicos que pide a declaración da Galiza coma ZLT. Na celebración do ARTESANARTE, Amigos da Terra ofertará información sobre o Cambio Climático, así coma da influencia dos transxénicos na nosa saúde, o martes 15 e mércores 16 de Abril desde ás 10.00h ás 14.00h na Rúa do Paseo de Ourense. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|