Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Artesanarte 2008 Imprimir Correo-e
Luns, 14 de Abril do 2008   |   Comunicación
amigosdaterra
O Día Mundial da Saúde está este ano adicado ao Cambio Climático, motivo polo cal a Concellaría de Saúde de Ourense invita a participar na feira de asociacións ARTESANARTE 2008 a diferentes colectivos e asociacións ecoloxistas e de consumo responsable, entre as cales estará Amigos da Terra.
Amigos da Terra conta cunha área de Cambio Climático que traballa día a día por botar adiante proxectos e campañas de Educación Ambiental tales coma “A Aposta” fronte ao Cambio Climático en colexios e agora tamén en fogares, Consumo eficiente e aforro da auga e Programas de mobilidade sostible.

Tamén é traballo cotián da área de Cambio Climático manter informada á cidadanía da situación ambiental actual, así coma facer presión pública para que os programas ambientais políticos sexan eficientes. É así que xurde a Campaña Internacional SOS CLIMA que pide reducións anuais de gases de efecto invernadoiro e que estrearase a nivel galego o próximo 22 de Abril “Día Mundial da Terra”.

A asociación conta tamén cunha área de Consumo Responsable, na que actualmente estase a traballar en dúas campañas prioritarias “Un café xusto, por favor” (que promociona o consumo de produtos de Comercio Xusto en diferentes establecementos), e a Campaña Internacional pola declaración de Zonas Libres de Transxénicos, formando parte da Plataforma Galega Anti-transxénicos que pide a declaración da Galiza coma ZLT.

Na celebración do ARTESANARTE, Amigos da Terra ofertará información sobre o Cambio Climático, así coma da influencia dos transxénicos na nosa saúde, o martes 15 e mércores 16 de Abril desde ás 10.00h ás 14.00h na Rúa do Paseo de Ourense.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image