Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Cooperación coa Galiza Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 15 de Abril do 2008   |   Portugal
galipor Galicia e o Norte de Portugal reforzan a súa cooperación en materia cultural e buscan fondos europeos para proxectos comúns en cultura, deporte tradicional e patrimonio. A Consellaría de Cultura lidera tres dos catro proxectos para os que se aspira a conseguir algo máis de 4,71 millóns de euros a cargo de financiamento europeo. 
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asinou hoxe, en Santiago, con varios responsables do Goberno portugués a presentación de catro proxectos transfronteirizos Galiza-Portugal ás axudas europeas Interreg IV-A. En concreto, aspírase a que o financiamento Feder alcance ao 75% dos 6,28 millóns de inversión global prevista.

A representación lusa estivo encabezada pola delegada do Ministerio de Cultura para a Rexión do Norte, Helena Gil, e tamén asistiron José María da Fonseca, vicepresidente do Instituto do desporto; e Joaquim Lima, director de ADRAVE (Agência de Desenvolvimento Regional do Vale do Ave).

Segundo a Xunta, o obxectivo destes novos proxectos é "reforzar a cooperación entre Galiza e o Norte de Portugal en materia cultural". Así mesmo, búscase "poñer en valor" o patrimonio compartido.

Cultura lidera os proxectos 'A industria cultural galego-portuguesa' (onde é socio a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal), que ten un presuposto global de 1,71 millóns; 'Depórtesvos tradicionais, un patrimonio da Eurorrexión' (co organismo anterior e co Instituto do desporto), para o que se prevé unha inversión de 1,28 millóns; e 'Patrimonio arqueolóxico: castros e arte rupestre' (coa Dirección Rexional de Cultura do Norte e a ADRAVE), cun presuposto de 2 millóns.

Pola súa banda, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal é o xefe de fila do proxecto 'Fortalezas e estruturas defensivas da Eurorrexión', no que figura como socio a Consellería de Cultura de Galicia. Neste caso o presuposto previsto é de 1,44 millóns. Para cada proxecto aspírase a fondos europeos polo 75% do presuposto previsto.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image