Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
'Espírito do bosque' Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 15 de Abril do 2008   |   Comunicación
prensa A terceira longametraxe de animación 3D dos Estudios Dygra Films, 'Espírito do Bosque', contará na súa versión americana con voces do talle de Anjelica Huston, Sean Austin, Giovanni Ribisi e Ron Perlman, entre outros. 

Manolo Gómez, director dos Estudios Dygra Films, explicou que o obxectivo da produtora coa presentación da película non só se centra en estar presentes no mercado internacional, se non "dar un salto cualitativo" en todos os sentidos cun casting de luxo.

Fantastic Films International, a distribuidora de Hollywood encargada das vendas internacionais de 'Espírito do Bosque', dirixiu o casting da versión norteamericana da película. Así, o seu representante, Fred de Wysocki, mostrouse moi satisfeito tanto coa repartición, coma coa película.

"Estamos encantados co nível dos talentos que presentaron as súas voces para esta marabillosa película familiar, que conta, ademais co valor engadido dunha mensaxe ecoloxista en defensa dos bosques", apuntou.

Anjelica Huston, unha das grandes damas do cinema internacional, porá voz á malvada Señora D'Abondo, empeñada en destruír o bosque custe o que custe. O casting americano complétase con outros nomes de prestixio internacional, como Sean Astin, que encarnou a Sam no 'Señor dos Aneis' e que porá voz á toupa Furi, quen lidera en 'Espírito do Bosque' aos animais que salvarán as árbores.

Con el estará Giovanni Ribisi, que interpretará a Cebolo, unha toupa de cidade recén chegado ao bosque que experimentará unha evolución persoal decisiva para resolver o problema. Na súa filmografía destacan 'Seducindo a un Extraño', 'Lost in translation' ou 'Salvar o soldado Ryan', e ademais protagonizará o novo filme de James Cameron, 'Avatar'.  A eles súmase tamén Ron Perlman, protagonista de 'Hellboy', que estrea a súa segunda parte este mesmo ano. Tamén o puidemos ver en clásicos como 'O nome da Rosa' ou 'En busca do lume'.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image