
| Constantino Méndez secretario de Estado de Defensa |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 15 de Abril do 2008 | Estatal | |||
Méndez podería tomar posesión hoxe, martes pola mañá, e esta mesma semana pechará previsiblemente o equipo que o acompañará na Secretaría de Estado de Defensa, en cuxa estrutura se integran a maioría das diferentes direccións xerais do Ministerio de Defensa. A Secretaría de Estado de Defensa ocúpase dalgunhas das máis importantes competencias do Departamento que dende hoxe dirixe Carme Chacón, entre outras as relacionadas cos grandes programas de armamento e material das Forzas Armadas e é o órgano encargado de dialogar cos grupos parlamentares cando se aborda a elaboración de novas leis e decretos, entre outras cuestións. Nacido en 1953 en Pontecesures (Pontevedra), Méndez foi nomeado delegado do Goberno na Comunidad de Madrid en abril de 2004 e dimitiu do seu cargo o 8 de maio de 2006, tras coñecer a primeira sentenza xudicial que condenou a tres policías polas detencións de dous militantes do PP na manifestación da AVT celebrada o 22 de xaneiro de 2005.
A sentenza en cuestión, ditada pola Audiencia Provincial de Madrid, condenou tres membros do Corpo Nacional de Policía polo arresto dos militantes do PP de Madrid e foi revogada posteriormente polo Tribunal Supremo. Méndez xustificou a súa saída por "responsabilidade" e por manter a "defensa da profesionalidade dos corpos e forzas de seguridade do Estado". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|