Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
PSOE e PP: Nacionalismo español Imprimir Correo-e
Paulo Liñeiro   |   Mércores, 16 de Abril do 2008   |   Sinaturas - Paulo Liñeiro
Image A nosa historia e tradicións están evidentemente máis relacionadas con Portugal que co estado español. Os nacionalistas españois, os que mandan (PP e PSOE), queren que esquezamos o noso pasado e as nosas raices.

Por que os dous partidos maioritarios non recoñeceron o estado de Kosovo? O problema é que se aceptan a Kosovo como un estado independente (Kosovo non ten unha historia de centos de anos como Galiza) deberían de aceptar, con máis razón, un proceso de autodeterminación para as tres nacionalidades históricas. E iso xamais o van tolerar, non esquezamos que aínda que se declaran 'liberais' ou 'socialistas' son primeiro nacionalistas españois.

Tamén é verdade, como sempre, que nas pasadas eleccións na Galiza votouse maioritariamente PP e PSOE, co que demos a entender que a sociedade galega está de acordo con 'vivir como galegos' dentro do estado español.

Mala política esta de votar partidos estatais, pouco farán por nós e ademais, damos pé a que afloren asociacións como Galicia Bilingüe que recollen milleiros de sinaturas para que un neno galego poida recibir todas as materias, menos lingua galega, en español. Vamos, que o que queren é o exterminio de noso idioma.

O noso pobo é quen debe decidir se quere, como parece até agora, continuar dentro de España, pasar a formar parte de Portugal ou independizarse. A decisión debería ser sempre nosa, mais non nos deixarán xamais decidir.

Talvez se facemos como Kosovo e construimos unha importante base militar norteamericana na Galiza ...

 

Comentarios (3)add
1
Alba
Concordo contigo salvo por un aspecto, non podemos comparar Kosovo coa Galiza.
Serbia é a nación.
Parabéns polo artigo.

Abril 16, 2008

2
Gallego de La Coruna
España es un pais importante dentro de Europa.
Pero si dividimos España en pedacitos, cada pedacito será una mini-nación y esas mini-naciones no tendrán ningún poder dentro de la comunidad europea. Conseguiremos mucho menos bienestar por separado que todos juntos.

Abril 16, 2008

3
Xabier Pérez Igrexas
Algunhas das aseveracións que fas son facilmente compartíbeis. Galiza ten máis que ver historicamente con Portugal que con España. PP e PSOE son as dúas caras da moeda do imperialismo español, permíteme non caer na confusión intencionada que fai que exista a posibilidade imposíbel dun nacionalismo ofensivo e opresor, o chovinismo, o españolismo é unha manifestación imperialista.

Porén, disinto abertamente da túa afirmación de que o voto maioritario das galegas e dos galegos repartido entre PP e mais PSOE de pé a tirar a conclusión de que esa decisión é un acto de determinación. As galegas e os galegos nas pasadas eleccións xerais elexiron a súa representación no Congreso e máis no Senado. Nada máis, e nada menos.

As decisións só se toman cando hai espazo para decidir, cando alguén plantexa unha pregunta. Só se contesta cando hai consulta. Esa é a última etapa dun proceso histórico e dinámico que é a autodeterminación. Mais ficamos nunha etapa primixenia, inda despois de ter avanzado dun xeito espectacular nas últimas tres décadas, que se podería definir como de creación de conciencia nacional, conciencia de povo, de país, como paso indispensábel para a construcción nacional.

Por outra banda coido que a túa interpretación do acontecido en Kosovo é parcial e mesmo inxenua. O proceso de independeza de Kosovo non é o resultado dos intereses da cidadanía dese territorio, ou non ten como causa principal os seus intereses. Mais ben resposta aos intereses xeoestratexicos dos EUA e mais da UE, nuna fase de neocolonialismo que pasa tamén polo financiamento das formación pro-occidentais, que casualmente son partidos aparentemente independentistas... É só un suceso máis na liña do acontecido na Ucrania da "revolución laranxa"... En consecuencia, calquer paralelismo co acontecido en Kosovo é un enfoque errado.

Abril 16, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image