 |
A nosa historia e tradicións están evidentemente máis relacionadas con Portugal que co estado español. Os nacionalistas españois, os que mandan (PP e PSOE), queren que esquezamos o noso pasado e as nosas raices. |
Por que os dous partidos maioritarios non recoñeceron o estado de Kosovo? O problema é que se aceptan a Kosovo como un estado independente (Kosovo non ten unha historia de centos de anos como Galiza) deberían de aceptar, con máis razón, un proceso de autodeterminación para as tres nacionalidades históricas. E iso xamais o van tolerar, non esquezamos que aínda que se declaran 'liberais' ou 'socialistas' son primeiro nacionalistas españois.
Tamén é verdade, como sempre, que nas pasadas eleccións na Galiza votouse maioritariamente PP e PSOE, co que demos a entender que a sociedade galega está de acordo con 'vivir como galegos' dentro do estado español.
Mala política esta de votar partidos estatais, pouco farán por nós e ademais, damos pé a que afloren asociacións como Galicia Bilingüe que recollen milleiros de sinaturas para que un neno galego poida recibir todas as materias, menos lingua galega, en español. Vamos, que o que queren é o exterminio de noso idioma.
O noso pobo é quen debe decidir se quere, como parece até agora, continuar dentro de España, pasar a formar parte de Portugal ou independizarse. A decisión debería ser sempre nosa, mais non nos deixarán xamais decidir.
Talvez se facemos como Kosovo e construimos unha importante base militar norteamericana na Galiza ...
Comentarios () |
|
|
|
|
|