
| Educación ambiental para adultos |
|
|
Non se trata de chegar somentes a un público cautivo, como son os nenos/as, se non que é importante incidir en adultos/as, administracións e outras entidades que xa hoxe en día teñen capacidade de decisión. Tampouco debe tratarse de accións puntuais, se non de procesos, a través de proxectos a longo prazo, como o do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que ademais de intentar cubrir todas estas carencias, mostra alternativas reais e viables. Porén, esta semana da comezo en As Corcerizas un novo Programa de Educación Ambiental, dirixido a estudantes de ciencias, ciclos formativos e/ou educación: A CIENCIA COMO FERRAMENTA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CLAVES PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE. O progreso científico e tecnolóxico séguese baseando no uso indiscriminado dos recursos, á vez que se denuncia a gravidade da situación ambiental. O coñecemento científico proporciona as bases necesarias para comprender as regras que se poden aplicar, pero un cambio no modelo actual só é posible coa capacitación para a acción, a través dun proceso no que todos e todas somos determinantes para atopar solucións perdurables. Educación, capacitación e investigación constitúe unha estratexia orientada á formación dunha nova cultura ambiental que incida en preferencias de consumo e patróns de convivencia.
A xornada estará dividida en dúas fases, nas que se amosará cómo a ciencia e o desenvolvemento tecnolóxico poden ser compatibles coa supervivencia dos recursos naturais e cómo aplicar esta mesma resolución a casos concretos de xestión sostible a través das alternativas que mostra As Corcerizas; e canalizando estos coñecementos como ferramentas de Educación Ambiental. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|