Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Educación ambiental para adultos Imprimir Correo-e
Martes, 15 de Abril do 2008   |   Comunicación
amigosdaterra Amigos da Terra comeza un novo Programa de Educación Ambiental dirixido a adultos/as no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas: A Ciencia como ferramenta de Educación Ambiental. Claves para un Desenvolvemento Sustentable.
A Educación Ambiental, debido ao momento de crise ecolóxica global na que nos atopamos, é unha ferramenta imprescindible para acadar cambios progresivos nos hábitos e actitudes. Por iso Amigos da Terra a incorpora transversalmente en todas as accións da asociación e dirixida a todos os públicos.

Non se trata de chegar somentes a un público cautivo, como son os nenos/as, se non que é importante incidir en adultos/as, administracións e outras entidades que xa hoxe en día teñen capacidade de decisión. Tampouco debe tratarse de accións puntuais, se non de procesos, a través de proxectos a longo prazo, como o do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, que ademais de intentar cubrir todas estas carencias, mostra alternativas reais e viables.

Porén, esta semana da comezo en As Corcerizas un novo Programa de Educación Ambiental, dirixido a estudantes de ciencias, ciclos formativos e/ou educación: A CIENCIA COMO FERRAMENTA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL. CLAVES PARA UN DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE.

O progreso científico e tecnolóxico séguese baseando no uso indiscriminado dos recursos, á vez que se denuncia a gravidade da situación ambiental. O coñecemento científico proporciona as bases necesarias para comprender as regras que se poden aplicar, pero un cambio no modelo actual só é posible coa capacitación para a acción, a través dun proceso no que todos e todas somos determinantes para atopar solucións perdurables.

Educación, capacitación e investigación constitúe unha estratexia orientada á formación dunha nova cultura ambiental que incida en preferencias de consumo e patróns de convivencia.

A xornada estará dividida en dúas fases, nas que se amosará cómo a ciencia e o desenvolvemento tecnolóxico poden ser compatibles coa supervivencia dos recursos naturais e cómo aplicar esta mesma resolución a casos concretos de xestión sostible a través das alternativas que mostra As Corcerizas; e canalizando estos coñecementos como ferramentas de Educación Ambiental.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image