Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
310 prazas en campamentos para mozos con minusvalía Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 16 de Abril do 2008   |   Sociedade
quintanacasa
A Vicepresidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Benestar e a Dirección Xeral de Xuventude, ofrece este ano 310 prazas en campamentos de verán para novos con minusvalía. En concreto, haberá 90 prazas de integración en campamentos dirixidos a novos en xeral, xunto con 220 en campamentos específicos.

As actividades dirixidas a novos con minusvalidez inclúense na campaña xeral 'Acción de Verán 2008', de Xuventude, que se desenvolverá do 15 de xuño ao 30 de setembro coa posibilidade de que, en conxunto, participen 10.000 mozos.

O presuposto da Secretaría Xeral do Benestar para os campamentos de integración e específicos nos que participarán novos con minusvalía é de 85.000 euros.

No caso dos programas dirixidos aos mozos con algún tipo de eiva, tanto a secretaria xeral de Benestar, María Xesús Lago, como o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, coincidiron en sinalar que esta oferta "de ocio e tempo libre" busca "favorecer a integración social e unha convivencia normalizada" entre novos, tamén aqueles que sofren algunha minusvalía.

Cela asegurou que este tipo de iniciativas permiten tamén ás familias con novos dependentes un período de descanso. Así mesmo, destacou que os campamentos de integración e os específicos se suman ao apoio daqueles que promovan organizacións do ámbito social e concellos.

Está previsto que as 90 prazas de integración se cubran en 16 campamentos, previstos entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, que ofrecen actividades moi diversas, como teatro, fútbol, baile ou aventuras. Ademais, hai unha oferta de 220 prazas en campamentos específicos, que se caracterizan por unha atención adaptada ás necesidades dos participantes, que son novos con "grandes minusvalías". Neste caso, están programados tres campamentos.

Os interesados en participar nalgún destes campamentos, cun prezo entre os 72 e 180 euros, teñen de prazo até o 21 de maio para presentar a súa solicitude ante a Dirección Xeral de Acción Social ou de Xuventude, ou nas delegacións provinciais de Vicepresidencia.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image