Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Nada mudou no PP Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 16 de Abril do 2008   |   Estatal
zaplanacamps Francisco Camps anunciou que se mobilizará para impedir o trasvase do Ebro a Cataluña previsto para fornecer auga para o consumo humano a Barcelona de persistir a seca. En opinión de Camps, esta medida suporía unha "humillación para os cidadáns valencianos" e asegurou que "Zapatero non ten categoría nin persoal nin política para humillar á Comunidade".

 

"Como president da Generalitat non vou admitir a humillación que significaría que o que non se permite para nós se permita para outros territorios de España", sinalou Camps, para quen o "inxustificado" proxecto hídrico para Barcelona sería "paradoxal" ante a derogación, ao seu xuízo tomada en 2004 mediante un "decretazo" do Consello de Ministros, do trasvase cara á Comunitat Valenciana, Murcia e Almería.

"Poñeremos en marcha todo o que faga falta para que esta presunta inxustiza que se pode cometer non se cometa", advertiu, para engadir que "ninguén nesta terra se axeonllará ante decisión de semellante calado".

Camps insistiu en que non se opón ao reparto hídrico para Barcelona e Aragón, senón ao seu carácter excluínte respecto das rexións do arco mediterráneo, mostrouse "convencido" de que a súa postura estará protexida polos Gobernos murciano e andaluz e por todos "os españois de ben".... que o resto deben ser españois de mal.

Insistiu en que se se confirma o trasvase do Ebro a Barcelona, Zapatero "pasaría de desprezar á Comunidade a humillar á Comunidade", e afirmou que o xefe do Executivo estatal "non ten categoría nin persoal nin política para humillar á Comunidade". 

Os valencianos "non nos merecemos ese tipo de actitudes porque somos xente traballadora, laboriosa e emprendedora e é completamente inxusto que se trate así a esta terra".

Mais tamén é inxusto que a auga vaia para campos de golf, grandes extensións dedicadas ao ocio, regadíos... e non ao consumo humano. 

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image