
| Outra máis |
|
|
| F. X. Castiñeira | Xoves, 17 de Abril do 2008 | Sinaturas - F. X. Castiñeira | |||
Un dos produtos estrela de Quintana acaba de ser fagocitado por Touriño. Resulta que o vicepresidente anuncia que vai subir as pensións non contributivas, días despois Touriño di que xa se verá, Quintana insiste e Touriño fai súa a iniciativa no Parlamento. Agora o presidente anuncia a subida dos 200 euros para este verán. As autonómicas serán en novembro.
Aínda que isto sería unha anécdota, o caso é que as normas do hábitat, aprobadas por consenso, van ser aplicadas con “flexibilidade”. Outro torpedo socialista a unha consellería do Bloque. Matizo, unha consellería mixta, porque Táboas ten un pasado en Iniciativas 21.
Os nacionalistas poden devolver a andanada coa lei de drogas, avogando por excluír o viño, pero nin esas, como tampouco van facer comparecer a Touriño na comisión da axente electoral do PSdeG polas américas.
Con isto, quen cre que Zapatero vai modificar a lei electoral? Ninguén.
O caso é o que lle vai quedar ao Bloque hasta ás autonómicas. NADA.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|