Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Os promotores galegos rexeitan as Normas do Hábitat Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 17 de Abril do 2008   |   Sociedade
vivendaoficial O vicepresidente dos promotores galegos, David Vilela, expresou onte o rexeitamento do sector ao Decreto de Normas do Hábitat galego, que impulsa a Consellaría de Vivenda, xa que estimou que suporá un encarecemento da vivenda do 25%

Vilela ten claro que "se na Galiza nos empezan a poñer trabas non nos quedará máis remedio que ir fóra. O que queremos é crear riqueza nas nosas cidades e na Galiza", proclamou.

O que máis lamentou é que, segundo dixo, á hora de elaborar a normativa non se tivera en conta ao sector, non só aos promotores, senón a arquitectos e aparelladores.

Ademais se queixou de que "non pode vir en peor momento", pola crise do sector inmobiliario, reiterando a advertencia de que o incremento do "custo" da vivenda vai ser do 25%, que ten claro que repercutirá sobre o comprador.

Vilela apreciou que o "peor" da norma é "todo" e afirmou que, aínda que pretenda abaratar o prezo, lonxe diso, o encarecerá porque se aumentan os metros. Así deduciu que "canto máis metros fagas máis cara vai a resultar a venda da vivenda, máis difícil vai a ser que a xente que queira comprar un piso poida acceder a este".

"Non é normal que se obrigue a aumentar os dormitorios, o salón e o baño. Todo é crecer e despois queren abaratar", protestou.

O tamén presidente dos promotores de Lugo censurou que se estableza que a vivenda "non pode ter máis que un dormitorio ao patio de luces", preguntándose, "como vai ser iso, se a maioría das edificacións na Galiza son pechadas?

Pois a aplicar o que aprenderon na faculdade e a deseñar con xeito, e os prezos abarátanse sendo menos cobizosos. 

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image