Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Dúas veces despedida Isabel Quintairos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 18 de Abril do 2008   |   Comunicación
cope A emisora da Cope en Santiago despediu dúas veces á xornalista Isabel Quintairos por estar casada cunha muller e considerala simpatizante do BNG, segundo unha sentenza xudicial. 
Entre ambos despedimentos hai nove meses de diferenza, un xuízo e un fallo que dá a razón á traballadora e obriga á empresa a readmitirla.

Quintairos xamais imaxinara que a excedencia que solicitou en 2004 lle sairía tan cara. Foi designada asesora técnica da Deputación da Coruña, polo que a cadea concedeulle unha excedencia forzosa. Durante catro anos, Isabel ocupou o posto de responsable de prensa do Grupo Provincial do BNG.

En xullo de 2007, Quintairos solicitou o seu regreso. O director da emisora en Santiago, Javier Castro, dixo alegrarse da súa reincorporación. Todo ía segundo o previsto, mais en cuestión de horas empezou o suplicio: "Os do Bloque non teñen outro posto para ti?". O mesmo director que a recibiu cos brazos abertos o día anterior, explicaba agora á xornalista que non podía reincorporarse porque non había postos vacantes na empresa. "Pero eu non necesitaba unha vacante, senón que me devolvesen o meu posto", replica Quintairos.

Empeza entón o proceso xudicial. Os avogados de Quintairos presentaron unha demanda ao Xulgado do Social número 2 de Santiago. A Cope non informou á traballadora das causas do seu despedimento, polo que Quintairos alegou que a decisión estaba motivada polo seu matrimonio con outra muller e por traballar para un partido de esquerdas e nacionalista.

A xuíza condenou á empresa a readmitir á traballadora no mesmo posto de traballo e coas mesmas condicións que rexían antes do seu despedimento. A Cope recorreu a sentenza, entre outros motivos, por estar dictada en galego, que os avogados da cadea non advertiron descoñecer até coñecer o fallo. E se fallaran a favor da COPE? entenderían a sentenza ou a recorrerían?

O xoves pasado, a Cope readmitiu á traballadora. E así estivo até o luns, cando o director lle entregou unha carta de despedimento "por razóns obxectivas" -as mesmas que a xuíza desestimou - e un talón por valor de máis de 32.000 euros.

E volta a empezar. Os avogados da xornalista solicitaron unha vez máis a execución da sentenza logo do que cualifican de "despropósito xurídico e fraude de lei".

Desde MundoGaliza queremos ofrecer o noso apoio a Isabel e a nosa solidaridade cunha compañeira loitadora.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image